O valo

· Sold by Edicións Xerais
Ebook
64
Pages
Eligible

About this ebook

No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Peza dun único lance para dous personaxes coa guerra de Siria como pano de fondo, «O valo» propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades.
No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a sú...

About the author

Carlos Labraña (Cedeira, 1969) é escritor e conta cunha ampla e galardoada traxectoria no eido da literatura dramática infantil. Entre outras, publicou as seguintes obras: "O segredo de Daniel" (1993), premio Xeracións Nós 1988; "A escada" (1996), premio Xeracións Nós 1994; "O teatro dos soños" (2005); "Os sons da buguina" (2006), premio Meiga Moira 2006; "Teatro de xoguete" (2011), premio Estornela 2010; "A fraga das árbores das palabras" (2013), premio Estornela 2012; "Espantallo" (2015), premio O Facho 2013; "Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada" (2016), premio O Facho 2014; "O apalpador" (2016); "O valo" (Xerais 2017, 2023), premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016. En 2022 gaña o Premio SGAE de Teatro Infantil coa obra «Mambrú volveu da guerra» (Xerais, 2023). Nuria Díaz (Vilagarcía de Arousa, 1982) é unha das ilustradoras galegas máis recoñecidas. Licenciada en Belas Artes, compaxina o traballo de ilustración editorial co de deseñadora gráfica. No ano 2010 gaña o Premio Pura e Dora Vázquez e publica o seu primeiro libro: «Palabra era un universo paralelo», con texto de Xoán Babarro. En Xerais ten publicados os seguintes títulos: «Rubicundo» (2015), «Manuel María. Vida, versos e rebeldía» (2016), «O valo» (2017, 2023), «Pioneiras. Mulleres que abriron camino» (2018), «Animalario de ler a diario» (2022) e «O corazón dos paxaros» (2023).
Carlos Labraña (Cedeira, 1969) é escritor e conta cunha ampla e galardoada traxectoria no eido da literatura dramática infantil. Entre outras, publicou as seguintes obras: "O segredo de Daniel" (1993), premio Xeracións Nós 1988; "A escada" (1996), premio Xeracións Nós 1994; "O teatro dos soños" (...

Rate this ebook

Tell us what you think.

Reading information

Smartphones and tablets
Install the Google Play Books app for Android and iPad/iPhone. It syncs automatically with your account and allows you to read online or offline wherever you are.
Laptops and computers
You can listen to audiobooks purchased on Google Play using your computer's web browser.
eReaders and other devices
To read on e-ink devices like Kobo eReaders, you'll need to download a file and transfer it to your device. Follow the detailed Help Center instructions to transfer the files to supported eReaders.