Carlos Labraña (Cedeira, 1969) é escritor e conta cunha ampla e galardoada traxectoria no eido da literatura dramática infantil. Entre outras, publicou as seguintes obras: "O segredo de Daniel" (1993), premio Xeracións Nós 1988; "A escada" (1996), premio Xeracións Nós 1994; "O teatro dos soños" (2005); "Os sons da buguina" (2006), premio Meiga Moira 2006; "Teatro de xoguete" (2011), premio Estornela 2010; "A fraga das árbores das palabras" (2013), premio Estornela 2012; "Espantallo" (2015), premio O Facho 2013; "Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada" (2016), premio O Facho 2014; "O apalpador" (2016); "O valo" (Xerais 2017, 2023), premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016. En 2022 gaña o Premio SGAE de Teatro Infantil coa obra «Mambrú volveu da guerra» (Xerais, 2023).
Raquel Lagartos é ilustradora e autora de cómics. Licenciada en Ilustración pola Escola de Arte de Oviedo e licenciada en Matemáticas, traballou en proxectos coa Fábrica Cultural de Avilés, Alice Éditions e o Ministerio de Cultura. Ten presentado varias exposicións individuais e colectivas, e os seus traballos foron expostos en lugares como o Festival de Cine de Sitges, a Semana Negra de Xixón ou a Biblioteca Nacional. En 2018 formou parte do grupo de ilustradores seleccionados para a residencia artística en Angoulême, Francia, dentro do proxecto europeo de cooperación internacional Wom@rts. Xunto a Julio César Iglesias, Raquel publicou dúas novelas gráficas, «Mary Shelley: La muerte del monstruo» e «La hierba del estío», polas que foi finalista na categoría de Mellor Debuxante Nacional nos Premios da Crítica de Cómics 2018. En 2019 e 2020 foi finalista do Concurso Internacional de Álbums Ilustrados da Biblioteca Isla de Gran Canaria en colaboración coa Editorial A Buen Paso. Raquel prefire traballar con medios tradicionais, principalmente acuarelas, e os seus temas xiran arredor do estudo emocional dos personaxes e das atmosferas que os rodean.
Carlos Labraña (Cedeira, 1969) é escritor e conta cunha ampla e galardoada traxectoria no eido da literatura dramática infantil. Entre outras, publicou as seguintes obras: "O segredo de Daniel" (1993), premio Xeracións Nós 1988; "A escada" (1996), premio Xeracións Nós 1994; "O teatro dos soños" (...