O poeta, cando escribe, é coma se percorrese un camiño esquecido, coma se recuperase un espazo no que de repente se volve orientar. O pan da tardeé a celebración dese reencontro. Xavier Rodríguez Baixeras deténse a mirar o que existe en perpetua mutación. Desde un tempo precario, con fervor, busca o fondo no que se depositan as palabras, o pouso que a vida non sabe devolver. A plenitude que desacouga, o que retorna pero nunca se deixa apreixar.
(Tarragona, 1945). É poeta e desenvolve tamén un importante labor como tradutor. En 1981 publicou Fentos no mar, ao que seguirían, entre outros,Anos de viaxe, Visitantes, Beira norte, Eclipse e O pan da tarde (Galaxia, 2006). Pola súa obra poética recibiu os premios Miguel González Garcés, Losada Diéguez e os da crítica galega e española. Gran afeccionado á gastronomía, en 2004 publicou en Galaxia Diario de comidas.