Ultraluz

· Edicións Xerais ರಲ್ಲಿ ಮಾರಾಟಕ್ಕೆ ಲಭ್ಯ
ಇ-ಪುಸ್ತಕ
80
ಪುಟಗಳು
ಅರ್ಹವಾಗಿದೆ

ಈ ಇ-ಪುಸ್ತಕದ ಕುರಿತು

«Ultraluz» é un bosque que alberga as criaturas máis escuras. O universo particular da autora estoupa nestes versos onde a infancia se abre paso entre a fantasía, o asombro e a morte. Con esta obra, Ledicia Costas gañou o XX Premio Afundación de poesía.
«Ultraluz» é un bosque que alberga as criaturas máis escuras. O universo particular da autora estoupa nestes versos onde a infancia se abre paso entre a fantasía, o asombro e a morte. Con esta obra, Ledicia Costas gañou o XX Premio Afundación de poesía.

ಲೇಖಕರ ಕುರಿತು

Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas «Infamia» (2019), «Golpes de luz» (2021) e «Pel de cordeiro» (2024). Tamén é autora de diversas novelas de fronteira, como «O corazón de Xúpiter» (Xerais 2012), Premio Neira Vilas; «Recinto Gris» (Xerais 2014); «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta» (Xerais 2016), Premio Lazarillo, Premio Gala do Libro Galego e The White Ravens; «A balada dos unicornios» (Xerais 2018), Premio Lazarillo, Premio Kelvin 505 á mellor novela xuvenil orixinal de 2019 ou o poemario «Xardín de inverno (2012, Xerais 2026)». En 2014 recibiu o Premio Merlín e o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por «Escarlatina, a cociñeira defunta» (Xerais 2014). É autora doutros títulos emblemáticos como «Esmeraldina, a pequena defunta» (Xerais 2016); «A señorita Bubble» (Xerais 2018), Premio Gala do Libro Galego; «Conexión Macarrón» (Xerais 2019); «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020); «A señorita Bubble baixo cero» (Xerais 2020), «A señorita Bubble. Deus salve as raíñas» (Xerais 2023), así como os títulos da serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (Xerais 2020), «Criando malvas» (Xerais 2021), «Escola de salvaxes» (Xerais 2021), «O Día dos Vivos» (Xerais 2021) e «Ai, que risa!» (Xerais 2022). En 2021 foi recoñecida co Premio da Cultura Galega e gañou o Premio Merlín de Literatura coa novela «O neno de lume» (Xerais 2022). En 2022 gañou o XX Premio de Poesía Afundación con «Ultraluz» (Xerais 2023). «A lebre mecánica» (Xerais 2022) fíxoa merecedora por terceira vez do Premio Lazarillo 2021. En 2023 publica o seu primeiro álbum ilustrado, xunto con David Sierra Listón, «Sete dentes de león» (Xerais, 2023). As súas últimas series infantís son Curriño («Curriño. O can influencer», «Curriño. Benvido ao equipo», «Curriño. Fama ou fuga» e «Curriño. Salchichas picantes») e Zodiakids, cos títulos «O poder das estrelas» e «Lúa de sangue». En 2026 publica «Soños de Lunaria. Coroa de espiño» (Xerais), o primeiro romántasy en galego.
Ledicia Costas (Vigo, 1979) é unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colección Narrativa de Xerais publicou os relatos de «Un animal chamado néboa» (2015), Premio Losada Diéguez, e as novelas «Infamia» (2019), «Go...

ಈ ಇ-ಪುಸ್ತಕಕ್ಕೆ ರೇಟಿಂಗ್ ನೀಡಿ

ನಿಮ್ಮ ಅಭಿಪ್ರಾಯವೇನು ಎಂದು ನಮಗೆ ತಿಳಿಸಿ.

ಮಾಹಿತಿ ಓದುವಿಕೆ

ಸ್ಮಾರ್ಟ್‌ಫೋನ್‌ಗಳು ಮತ್ತು ಟ್ಯಾಬ್ಲೆಟ್‌‌ಗಳು
Android ಮತ್ತು iPad/iPhone ಗೆ Google Play ಪುಸ್ತಕಗಳ ಆ್ಯಪ್ ಇನ್‌ಸ್ಟಾಲ್ ಮಾಡಿ. ಇದು ನಿಮ್ಮ ಖಾತೆಯನ್ನು ಸ್ವಯಂಚಾಲಿತವಾಗಿ ಸಿಂಕ್‌ ಮಾಡುತ್ತದೆ ಮತ್ತು ನೀವು ಎಲ್ಲೇ ಇರಿ ಆನ್‌ಲೈನ್‌ ಅಥವಾ ಆಫ್‌ಲೈನ್‌ನಲ್ಲಿ ಪುಸ್ತಕಗಳನ್ನು ಓದಲು ಅನುಮತಿಸುತ್ತದೆ.
ಲ್ಯಾಪ್‌ಟಾಪ್‌ಗಳು ಮತ್ತು ಕಂಪ್ಯೂಟರ್‌ಗಳು
Google Play ನಲ್ಲಿ ಖರೀದಿಸಿದ ಆಡಿಯೋಬುಕ್‌ಗಳನ್ನು ನಿಮ್ಮ ವೆಬ್‌ ಬ್ರೌಸರ್‌ನ ಕಂಪ್ಯೂಟರ್‌ನ ಲ್ಲಿ ಆಲಿಸಬಹುದು.
eReaders ಮತ್ತು ಇತರ ಸಾಧನಗಳು
Kobo ಇ-ರೀಡರ್‌ಗಳಂತಹ ಇ-ಇಂಕ್ ಸಾಧನಗಳ ಕುರಿತು ಓದಲು, ನೀವು ಫೈಲ್ ಅನ್ನು ಡೌನ್‌ಲೋಡ್ ಮಾಡಬೇಕಾಗುತ್ತದೆ ಮತ್ತು ಅದನ್ನು ನಿಮ್ಮ ಸಾಧನಕ್ಕೆ ವರ್ಗಾಯಿಸಬೇಕು. ಫೈಲ್‌ಗಳು ಮತ್ತು ಬೆಂಬಲಿತ ಇ-ರೀಡರ್‌ಗಳನ್ನು ವರ್ಗಾವಣೆ ಮಾಡಲು ವಿವರವಾದ ಸಹಾಯ ಕೇಂದ್ರ ಸೂಚನೆಗಳನ್ನು ಅನುಸರಿಸಿ.