Quen precisa unha avoa?

· Vendido por Edicións Xerais
Libro electrónico
296
Páxinas
Apto

Acerca deste libro electrónico

Este curso non pinta ben para Marta. O mestre quere traballar nun proxecto para o que van ter que falar coas súas avoas... Pero ela non ten avoas! E iso que, se mira ao redor, ve unha chea. Se hai tantas, por que ela non pode ter unha? Non lle queda outra: terá que secuestrar unha avoa, e nada mellor que involucrar as súas amigas para levalo a cabo. A conciliación familiar, as necesidades das persoas maiores, os afectos e a sororidade entre as personaxes son algúns dos temas desta novela fresca e divertida que, a través do humor, transmite de xeito maxistral a complicidade entre as diferentes xeracións e unha ollada novidosa sobre a vellez.
Este curso non pinta ben para Marta. O mestre quere traballar nun proxecto para o que van ter que falar coas súas avoas... Pero ela non ten avoas! E iso que, se mira ao redor, ve unha chea. Se hai tantas, por que ela non pode ter unha? Non lle queda outra: terá que secuestrar unha avoa, e nada me...

Acerca do autor

Andrea Barreira Freije (A Fonsagrada, 1986) é graduada en Xornalismo, con mestrado en Comunicación Científica, Tecnolóxica e Mediomabiental e mais en Estudos Internacionais. Forma parte de 7H cooperativa cultural e da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras. Ademais colabora en Nós Diario, na sección de cultura. Entre as súas obras destacan os títulos «Non hai luz na escuridade» (2015); «Palabra de bruxa» (2018); «Desmontando o corpo, construíndo a ciencia. As xemelgas Fernández de la Vega» (2021) e «Quen precisa unha avoa?» (Xerais, 2024), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2023. María Montes é unha ilustradora galega. Bióloga, con mestrado en Biotecnoloxía, compaxina a ilustración e o deseño de forma profesional co seu traballo nunha clínica veterinaria en Pontevedra. En Xerais é autora das ilustracións de «Unha nova dimensión», Premio Merlín de Literatura, da novela «Quen precisa unha avoa?» (2024), Premio Agustín Fernández Paz de Literatura Infantil pola Igualdade 2023, e mais do álbum informativo «O mapa da túa sexualidade» (2026).
Andrea Barreira Freije (A Fonsagrada, 1986) é graduada en Xornalismo, con mestrado en Comunicación Científica, Tecnolóxica e Mediomabiental e mais en Estudos Internacionais. Forma parte de 7H cooperativa cultural e da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que visibiliza o traballo das...

Valora este libro electrónico

Dános a túa opinión.

Información de lectura

Smartphones e tabletas
Instala a aplicación Google Play Libros para Android e iPad/iPhone. Sincronízase automaticamente coa túa conta e permíteche ler contido en liña ou sen conexión desde calquera lugar.
Portátiles e ordenadores de escritorio
Podes escoitar os audiolibros comprados en Google Play a través do navegador web do ordenador.
Lectores de libros electrónicos e outros dispositivos
Para ler contido en dispositivos de tinta electrónica, como os lectores de libros electrónicos Kobo, é necesario descargar un ficheiro e transferilo ao dispositivo. Sigue as instrucións detalladas do Centro de axuda para transferir ficheiros a lectores electrónicos admitidos.