Ofrenda á tormenta

· 销售商:Edicións Xerais
电子书
592
页
符合条件

关于此电子书

Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra, un dos personaxes máis singulares da novela negra publicada nos últimos anos. Outra volta cunha trama trepidante e estremecedora, a novela non deixa en ningún momento de causar sorpresa nos lectores e lectoras. A trama comeza cando unha muller atopa sospeitosa a morte súbita da súa neta, aínda un bebé de berce, dado o estraño comportamento do pai da nena, detido cando intentaba roubar o cadáver. Na trama entra tamén en xogo, da man da avoa, unha criatura máxica arraigada no val, chamada inguma, un ser maléfico que é quen de durmir persoas ás que lles arrebata a vida. A ese feito engádese a circunstancia de que o bebé mostra unhas marcas avermelladas no rostro que son indicio de sucesos irregulares. Pero tamén o asasino aparece morto na súa cela da cadea, logo dun coma inducido por unha droga. A inspectora Amaia Salazar e o seu equipo descobren as circunstancias irregulares dalgúns crimes parecidos que se produciron no pasado no propio val e a trama acelérase cara a unha resolución sorprendente para a que a inspectora debe enfrontarse á verdadeira orixe dos sucesos que marcaron tan decididamente o Val do Baztán.
Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra, un dos personaxes máis singulares da novela negra publicada nos últimos anos. Outra volta cunha trama trepidante e estremecedor...

探索更多

作者简介

Dolores Redondo (Donostia, 1969) estudou Dereito e Restauración, e durante algúns anos dedicouse aos negocios. Na actualidade reside na Ribera Navarra e o seu oficio é a escrita. Logo de publicar a súa primeira novela en 2009, comezou a triloxía do Val do Baztán, protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, que Xerais publicou en galego na súa totalidade: "O gardián invisible" (2013), "Legado nos ósos" (2013) e "Ofrenda á tormenta" (2014). Considerada como unha auténtica revelación da novela negra, con estas obras obtivo un grande éxito de lectores e foi traducida a máis de vinte linguas. En 2016 obtivo o premio Planeta con "Todo isto che darei", novela localizada na Ribeira Sacra, publicada en galego por Xerais. A súa última novela " A cara norte do corazón" (Xerais, 2019) tamén está protagonizada pola inspectora Amaia Salazar. Ramón Nicolás (Vigo, 1966) é profesor e crítico literario. Escribe semanalmente nas páxinas do suplemento Fugas de "La Voz de Galicia" e con asiduidade no blog literario Caderno da crítica. É membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro e doutras asociacións críticas e literarias, alén de dirixir a colección Biblioteca das Letras Galegas de Xerais. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña, Manuel Lueiro Rey, Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro. Os seus últimos libros foron a biografía "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro" (Xerais, 2012), "Antoloxía do Rexurdimento" (Xerais, 2024) e as novelas "O espello do mundo" (Xerais, 2016) e "Lapis na noite" (Xerais, 2018). Foto de Anxo Cabada
Dolores Redondo (Donostia, 1969) estudou Dereito e Restauración, e durante algúns anos dedicouse aos negocios. Na actualidade reside na Ribera Navarra e o seu oficio é a escrita. Logo de publicar a súa primeira novela en 2009, comezou a triloxía do Val do Baztán, protagonizada pola inspectora Ama...

为此电子书评分

欢迎向我们提供反馈意见。

如何阅读

智能手机和平板电脑
只要安装 Android 和 iPad/iPhone 版的 Google Play 图书应用,不仅应用内容会自动与您的账号同步,还能让您随时随地在线或离线阅览图书。
笔记本电脑和台式机
您可以使用计算机的网络浏览器聆听您在 Google Play 购买的有声读物。
电子阅读器和其他设备
如果要在 Kobo 电子阅读器等电子墨水屏设备上阅读,您需要下载一个文件,并将其传输到相应设备上。若要将文件传输到受支持的电子阅读器上,请按帮助中心内的详细说明操作。