O que sei do silencio

· Prodejce: Edicións Xerais
1 recenze
E‑kniha
224
Stránky
Vhodná

Podrobnosti o e‑knize

«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de abrir. Dos meses que pasei en silencio. Do que aprendín naqueles días da crueldade e da covardía. Isto é o que sei do silencio.» "O que sei do silencio" é o relato estremecedor de como Delia se converteu en acosadora pasiva dunha rapaza inocente de 3o da ESO. Historia inspirada libremente nun suceso real, afonda dende voces diversas na xénese, desenvolvemento e consecuencias dun caso de acoso escolar. Unha novela necesaria que achega azos a todas aquelas persoas que ignoran o silencio e se fan fortes a si mesmas e ás demais a través das palabras.
«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables ma...

Zjistit více

Hodnocení a recenze

1 recenze

O autorovi

Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica e doutora pola Universidade da Coruña, onde exerce actualmente como docente na Facultade de Ciencias da Educación. Publicou a súa primeira novela, "Proxecto Bolboreta" (I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva publicados dezaoito títulos destinados ao público infantil e xuvenil, moitos deles recoñecidos con premios e traducidos a diversas linguas. En 2010 obtivo o Premio Meiga Moira con "Violeta Tamurana", galardón que volveu acadar en 2014 con "Miña querida Sherezade". A súa novela "Nubes de evolución" (2013) foi finalista do Premio Fundación Novacaixagalicia e obtivo o Premio Fervenzas Literarias. Con "Volverás, golfiño" (2014) quedou finalista do Premio Merlín de 2013. En 2015 gañou o Premio Jules Verne e mais o Fervenzas Literarias con "Europa Express", e en 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa con "O que sei do silencio". A súa obra "Conta nove estrelas" (2019) valeulle o Premio Lazarillo, o Frei Martín Sarmiento, así como a inclusión na Lista de Honra da OEPLI. En 2020 obtivo o Premio Merlín con "A folla azul", e foi recoñecida co Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación. No ano 2021 gañou o Premio Raíña Lupa con "Que me pare o corazón se te esquezo", obra tamén recomendada pola Fundación Cuatrogatos. En 2022 recibiu o XIX Premio Anaya de Literatura con "Alma de elefante", novela recoñecida tamén co Premio A de Literatura Infantil da Asociación Colegial de Escritores de España e o Grupo de Investigación LIJ da Universidad Complutense de Madrid. En 2023 publicou "Niño y jaguar" e "Burbullas de calma serena", coa que obtivo o Premio Follas Novas. Nese mesmo ano gañou o XLI Concurso de Narrativa Infantil Vila d'Ibi con "El enigma de Siempreviva" e en 2024 publicou "El silbido de la sombra", novela finalista do XVI Premio El Templo de las Mil Puertas. En 2025 obtivo, por segunda vez, o Premio Jules Verne con "O corvo sobre a neve".
Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica e doutora pola Universidade da Coruña, onde exerce actualmente como docente na Facultade de Ciencias da Educación. Publicou a súa primeira novela, "Proxecto Bolboreta" (I Certame de Micronovela do Concello de S...

Ohodnotit e‑knihu

Sdělte nám, co si myslíte.

Informace o čtení

Telefony a tablety
Nainstalujte si aplikaci Knihy Google Play pro Android a iPad/iPhone. Aplikace se automaticky synchronizuje s vaším účtem a umožní vám číst v režimu online nebo offline, ať jste kdekoliv.
Notebooky a počítače
Audioknihy zakoupené na Google Play můžete poslouchat pomocí webového prohlížeče v počítači.
Čtečky a další zařízení
Pokud chcete číst knihy ve čtečkách elektronických knih, jako např. Kobo, je třeba soubor stáhnout a přenést do zařízení. Při přenášení souborů do podporovaných čteček elektronických knih postupujte podle podrobných pokynů v centru nápovědy.