O estado intermedio

· Editorial Galaxia
Libro electrónico
196
Páginas
Apto

Acerca de este libro electrónico

Rexina Vega debuta en Editorial Galaxia cunha novela sublime centrada na figura dunha filla que, morto o pai, decide entrar na casa familiar para facer desaparecer toda memoria

Ao tempo, a alma do finado iniciará, como a de Dante, unha viaxe aos infernos, onde vai ter que pelexar, á súa vez, coa propia memoria. Texto de imaxes luminosas, demóstranos a forza narrativa dunha das escritoras máis singulares da nosa literatura, capaz de crear, como fai nesta novela, un universo absoluto a partir dunha palabra que, máxica, sobrenatural, creadora, nos fai viaxar coa protagonista polas vidas duns personaxes atrapados, dalgunha maneira, dentro dos propios traumas. Todo debe arder. Por iso hai que ter claro o pasado. E iso fai a autora, levándonos a un tempo de violencias familiares e acontecementos políticos cruciais tras a morte do ditador; tamén ás vidas que fervían hai unhas décadas cando a liberdade era de estrea. Todo escrito cunha prosa magnética que, coma man de ferro, se nos crava no esterno para obrigarnos a ler e a pensar, a pensar e a revivir. Ata que chegue o lume final, que todo o destrúe.

Rexina Vega debuta en Editorial Galaxia cunha novela sublime centrada na figura dunha filla que, morto o pai, decide entrar na casa familiar para facer desaparecer toda memoria Ao tempo, a alma do finado iniciará, como a de Dante, unha viaxe aos infernos, onde vai ter que pelexar, á súa vez, coa ...

Acerca del autor

Rexina Vega (Vigo, 1966) é unha profesora universitaria e serodia escritora de ficción. Comezou no ámbito do ensaio filolóxico con estudos como Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación (Premio Ricardo Carvalho Calero 1997) e na tradución literaria, acadando o premio Stendhal por El secuestro, versión de La Disparition, de Georges Perec. No ano 2007 decidiuse a publicar a súa primeira novela, Cardume, galardoada co premio Xerais. En 2012 publicou Dark Butterfly e en 2017 Nadie duerme, versión que aparece retroautotraducida para o galego en 2019 como Ninguén dorme. Colaborou no volume Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017) e na antoloxía Textos potentes. Atlas de literatura potencial, coordinada por Pablo Martín Sánchez (2019).

Rexina Vega (Vigo, 1966) é unha profesora universitaria e serodia escritora de ficción. Comezou no ámbito do ensaio filolóxico con estudos como Álvaro Cunqueiro. Unha poética da recreación (Premio Ricardo Carvalho Calero 1997) e na tradución literaria, acadando o premio Stendhal por El secuestro,...

Califica este libro electrónico

Cuéntanos lo que piensas.

Información de lectura

Smartphones y tablets
Instala la app de Google Play Libros para Android y iPad/iPhone. Como se sincroniza de manera automática con tu cuenta, te permite leer en línea o sin conexión en cualquier lugar.
Laptops y computadoras
Para escuchar audiolibros adquiridos en Google Play, usa el navegador web de tu computadora.
Lectores electrónicos y otros dispositivos
Para leer en dispositivos de tinta electrónica, como los lectores de libros electrónicos Kobo, deberás descargar un archivo y transferirlo a tu dispositivo. Sigue las instrucciones detalladas que aparecen en el Centro de ayuda para transferir los archivos a lectores de libros electrónicos compatibles.