Nubes de evolución

· 「Edicións Xerais」から販売
電子書籍
192
ページ
利用可能

この電子書籍について

Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».
Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, de...

もっと見る

著者について

Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica e doutora pola Universidade da Coruña, onde exerce actualmente como docente na Facultade de Ciencias da Educación. Publicou a súa primeira novela, "Proxecto Bolboreta" (I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva publicados dezaoito títulos destinados ao público infantil e xuvenil, moitos deles recoñecidos con premios e traducidos a diversas linguas. En 2010 obtivo o Premio Meiga Moira con "Violeta Tamurana", galardón que volveu acadar en 2014 con "Miña querida Sherezade". A súa novela "Nubes de evolución" (2013) foi finalista do Premio Fundación Novacaixagalicia e obtivo o Premio Fervenzas Literarias. Con "Volverás, golfiño" (2014) quedou finalista do Premio Merlín de 2013. En 2015 gañou o Premio Jules Verne e mais o Fervenzas Literarias con "Europa Express", e en 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa con "O que sei do silencio". A súa obra "Conta nove estrelas" (2019) valeulle o Premio Lazarillo, o Frei Martín Sarmiento, así como a inclusión na Lista de Honra da OEPLI. En 2020 obtivo o Premio Merlín con "A folla azul", e foi recoñecida co Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación. No ano 2021 gañou o Premio Raíña Lupa con "Que me pare o corazón se te esquezo", obra tamén recomendada pola Fundación Cuatrogatos. En 2022 recibiu o XIX Premio Anaya de Literatura con "Alma de elefante", novela recoñecida tamén co Premio A de Literatura Infantil da Asociación Colegial de Escritores de España e o Grupo de Investigación LIJ da Universidad Complutense de Madrid. En 2023 publicou "Niño y jaguar" e "Burbullas de calma serena", coa que obtivo o Premio Follas Novas. Nese mesmo ano gañou o XLI Concurso de Narrativa Infantil Vila d'Ibi con "El enigma de Siempreviva" e en 2024 publicou "El silbido de la sombra", novela finalista do XVI Premio El Templo de las Mil Puertas. En 2025 obtivo, por segunda vez, o Premio Jules Verne con "O corvo sobre a neve".
Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica e doutora pola Universidade da Coruña, onde exerce actualmente como docente na Facultade de Ciencias da Educación. Publicou a súa primeira novela, "Proxecto Bolboreta" (I Certame de Micronovela do Concello de S...

この電子書籍を評価する

ご感想をお聞かせください。

読書情報

スマートフォンとタブレット
Android や iPad / iPhone 用の Google Play ブックス アプリをインストールしてください。このアプリがアカウントと自動的に同期するため、どこでもオンラインやオフラインで読むことができます。
ノートパソコンとデスクトップ パソコン
Google Play で購入したオーディブックは、パソコンのウェブブラウザで再生できます。
電子書籍リーダーなどのデバイス
Kobo 電子書籍リーダーなどの E Ink デバイスで読むには、ファイルをダウンロードしてデバイスに転送する必要があります。サポートされている電子書籍リーダーにファイルを転送する方法について詳しくは、ヘルプセンターをご覧ください。