Quokka Moka

· Sold by Edicións Xerais
Ebook
152
Pages
Eligible

About this ebook

Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar. Un día, sen querer, extermina a súa especie e só sobreviven ela e mais a súa riseira avoa, que quedou moi enfadada. As dúas, coa axuda do espírito do sapo Roco, o seu mellor amigo, deberán ir ao Antiuniverso na procura dos quokkos para tentar recuperar a especie. Unha divertida aventura vivida entre o mundo do dereito e o mundo do revés.
Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar. Un día, sen querer, extermina a súa ...

Discover more

About the author

María Solar (Santiago de Compostela 1970) é escritora e xornalista. Coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana. Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo na radio e na televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo, como «Ecoloxía na Aula» (1997), «O libro do noso mar» (1999), e de ficción pedagóxica, como «Boa sorte» (2008) ou «O tempo do revés» (2008). O recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: «A verdadeira historia da mosca de tele» (2012), «As meigas de Lupa» (Xerais 2012), «Teño uns pés perfectos» (2015), «O meu pesadelo favorito» (2015) ou «Os nenos da varíola» (2017). En Xerais publicou tamén a novela «As horas roubadas» (Xerais, 2016) e o libro infantil «Quokka Moka» (Xerais, 2019). En 2022 conseguiu o Premio Xerais de Novela coa obra «A culpa» (Xerais, 2022), e en 2023 quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «Adeline» (Xerais, 2024). Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, @mariasolar2 e en Facebook. Víctor Rivas (Pontevedra, 1965). Dedícase profesionalmente á ilustración, debuxo de cómic e comunicación visual dende 1989. Hai anos que debuxa tamén para todo o mundo a través dunha axencia en Nova York. Atópase cómodo en contornos dixitais e en calquera estilo de debuxo, aínda que os mundos fantásticos e as estéticas vitorianas son a súa preferencia. Para Xerais ilustrou o proxecto literario de Ledicia Costas «Escarlatina»: «Escarlatina, a cociñeira defunta» (2014), «Esmeraldina, a pequena defunta» (2016) e «Os arquivos secretos de Escarlatina» (2017). Ilustrou así mesmo as novelas «Dúas bágoas por Máquina» (1992-2025), «Volverás, golfiño» (2014), «Quokka Moka» (2019), «Vampira de biblioteca» (2020) e «Axencia Galega de Asuntos Máxicos» (2024). Tamén é autor das ilustracións do álbum «Dez gatiñas viaxeiras» (2019) e do libro de poemas «No xardín do poeta» (2022).
María Solar (Santiago de Compostela 1970) é escritora e xornalista. Coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana. Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxí...

Rate this ebook

Tell us what you think.

Reading information

Smartphones and tablets
Install the Google Play Books app for Android and iPad/iPhone. It syncs automatically with your account and allows you to read online or offline wherever you are.
Laptops and computers
You can listen to audiobooks purchased on Google Play using your computer's web browser.
eReaders and other devices
To read on e-ink devices like Kobo eReaders, you'll need to download a file and transfer it to your device. Follow the detailed Help Center instructions to transfer the files to supported eReaders.