A boca da terra

· Sold by Edicións Xerais
Ebook
104
Pages
Eligible

About this ebook

A d'A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte está á espreita dun temporal de bolboretas. Esa natureza insurxente abrangue as persoas humanas e non humanas, e mesmo as máquinas: a báscula de Ohio que pesa cousas e emocións, o rancor dos tractores nas granxas abandonadas... E abrangue a linguaxe, as palabras que, como velairiñas arredor da lámpada, loitan contra a extinción, desvelan un misterio e crean outro, como corpos que se agochan en almas.
A d'A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte es...

About the author

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicados os seguintes títulos: «Todo ben» (Xerais, 1985, 2010); «Un millón de vacas» (Xerais, 1989, 2023), Premio da Crítica Española; «Os comedores de patacas» (Xerais, 1991, 2021); «En salvaxe compaña» (Xerais, 1994, 2008), Premio da Crítica Galicia; «Que me queres, amor?» (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; «O lapis do carpinteiro» (Xerais, 1998, 2016), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); «Ela, maldita alma» (1999); «A man dos paíños» (Xerais, 2000); «As chamadas perdidas» (Xerais, 2002); «Contos de Nadal» (Xerais, 2003); «Os libros arden mal» (Xerais, 2006), Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; «Todo é silencio» (Xerais, 2010), «As voces baixas» (Xerais, 2012), «O último día de Terranova» (Xerais, 2015); «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» (Xerais, 2018), e «Tras do Ceo» (Xerais, 2024), Premio da Crítica Española 2024 e Premio Losada Diéguez 2025, a primeira novela dunha serie histórica que Manuel Rivas vertebra sobre o eixe da caza do home polo home e a depredación da natureza. En «O máis estraño» (Xerais, 2011) ten recompilados todos os seus relatos escritos ata ese momento. No ámbito da poesía, pódense destacar: «Libro do Entroido» (1980), Premio O Facho; «Balada nas praias do Oeste» (1985); «Mohicania» (1986); «Ningún cisne» (1989), Premio Leliadoura; «Costa da morte blues» (Xerais, 1995); «O pobo da noite» (Xerais, 1996); a antoloxía «Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003)» (2003); «A desaparición da neve» (2009); «A boca da terra» (Xerais, 2015) e «O que fica fóra» (2021). Para lectorado infantil e xuvenil publicou varias obras: «Bala perdida» (1997; Xerais, 2016); «O sombreiro Chichiriteiro» (Xerais, 2009); «O raposo e a mestra» (Xerais, 2013); «O Chispas» (Xerais, 2020) e «A nena lectora» (Xerais, 2021). Cultivou tamén o xénero do ensaio, con títulos como: «No mellor país do mundo» (1991); «Toxos e flores» (Xerais, 1992); «Galicia, Galicia» (Xerais, 1999); «Muller no baño» (Xerais, 2002); «Unha espía no reino de Galicia» (Xerais, 2004); «Os Grouchos» (Xerais, 2008); «A corpo aberto. Unha ollada «indie» do local universal» (Xerais, 2008); «Contra todo isto. Un manifesto rebelde» (Xerais, 2018); «Zona a defender. A esperanza indócil» (Xerais, 2020), e «A revolución dos vagalumes. O dereito a soñar sen medo» (Xerais, 2026). É codirector da revista «Luzes». En 2022 outorgáronlle a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e en 2024 foille concedido o Premio Nacional das Letras Españolas.
Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicados os seguintes títulos: «Todo ben» (Xerais, 1985, 2010); «Un millón de vacas» ...

Rate this ebook

Tell us what you think.

Reading information

Smartphones and tablets
Install the Google Play Books app for Android and iPad/iPhone. It syncs automatically with your account and allows you to read online or offline wherever you are.
Laptops and computers
You can listen to audiobooks purchased on Google Play using your computer's web browser.
eReaders and other devices
To read on e-ink devices like Kobo eReaders, you'll need to download a file and transfer it to your device. Follow the detailed Help Center instructions to transfer the files to supported eReaders.