Luísa Villalta acada en 2004 o Premio Espiral Maior de Poesía con En concreto, publicado pos tumamente. Este poemario eríxese sobre o pavimento da cidade hercu lina, ao redor da que xira toda a obra, a súa “Cidade Alta”, e mesmo toma corporeidade formal en poe mas como “Obelisco”. Nestes versos Luísa Villalta acada o cume da súa madurez poética, onde a vontade conceptual e refle xiva e o pouso comprometido e po lítico que caracterizan toda a a súa produción chegan á súa expresión máis depurada. Unha homenaxe á súa cidade, coa que se sente profundamente identificada: “O meu nome é o da Cidade Alta”, escribe a poeta. Esta edición de Editorial Galaxia acompáñase das fotografías de XUR XO LOBATO e dun limiar de ESTÍBALIZ ESPINOSA, tamén coruñeses, que con textualiza e explica a obra.
(A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga e violinista.
Viron a luz os seus poemarios
Música reservada
(1991),
Ruído
(1995),
Rota ao interior do oll
o (1995) e En concreto (2004), que se recollen en Pensar é escuro. Poesía reunida
(1991-2004) (Galaxia, 2023), que a converteron nunha das voces máis importantes da literatura galega dos nosos tempos, así como
Papagaio
(2006), con fotografías de Maribel Longueira.
No campo dramático, salientan:
Concerto para un home só
(1989),
O representante
(1990), O paseo das esfinxes (1991), As certezas de Ofelia (1999) e Os doces anos da guerra (2011). Como narradora publicou Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos
(1997) e As chaves do tempo (2001). En canto ao ensaio, deu ao prelo O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral
(1992), Libro das colunas (2005), reeditado por Galaxia en 2024, con limiar de Xosé Enrique Acuña; e O outro lado da música, a poesía
(1999), reeditado por Editorial Galaxia en 2020.
En Editorial Galaxia publicamos a súa
Narrativa reunida (Galaxia, 2024); e En concreto (2024), unha edición especial con limiar de Estíbaliz Espinosa e fotografía de Xurxo Lobato.
En 2024 é a homenaxeada no Día das Letras Galegas.