Iria Misa (Gondomar, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. Como autora de literatura infantil e xuvenil deuse a coñecer coa novela «Xa non estou aquí» (Xerais, 2016), que obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. En 2018 publica, tamén en Xerais, as novelas «Segredos no Solpor» e «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil dese ano. Con «A cidade do átomo» (Xerais, 2021) gaña o IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. Outros títulos da autora son «Unha veciña de película» (Xerais, 2023) e «A excursión a Cans. Unha veciña de película»(Xerais, 2025).
Laura Suárez (Dumbría, 1994) medrou entre os cómics e libros ilustrados que lle regalaban os seus pais, de aí a súa paixón pola literatura e o debuxo. É graduada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia e cursou o Máster de Ilustración e Cómic da escola Elisava de Barcelona. A súas ilustracións foron publicadas en medios divulgativos como Time Out ou 180 hilos, e educativos, como a revista Cocoter. Actualmente traballa como ilustradora literaria para diversas editoriais. En Xerais, é a autora das ilustracións dos libros «Conexión Macarrón» (2019), «Unha veciña de película» (2023) e «A excursión a Cans. Unha veciña de película» (2025).
Iria Misa (Gondomar, 1983) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e profesora de ensino secundario. Como autora de literatura infantil e xuvenil deuse a coñecer coa novela «Xa non estou aquí» (Xerais, 2016), que obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. En 2018 publi...