Entomoloxía para misioneiros

· Editorial Galaxia
Ebook
310
Pages
Eligible

About this ebook

PREMIO GARCÍA BARROS 2023

O vinculeiro dunha podente familia de Capri, presbítero dunha relixión que se concibe a si mesma como a “Fe Verdadeira”, desaparece no cumprimento do seu labor misional nun territorio inhóspito habitado por pobos ignotos, que semellan pertencer máis ao mundo da lenda que ao da realidade. Os pais do misioneiro contratan a un experto antropólogo para localizalo e, se é posible, traelo de volta á casa.

Ambientada nun século XIX imaxinario, Entomoloxía para misioneiros constrúe, mediante a diversidade de linguaxes e técnicas narrativas, un universo de ficción onde o espírito aventureiro engarza situacións que contrapoñen a devoción relixiosa co racionalismo científico e a civilización coa barbarie, e conceptos como “honor”, “valentía”, “pecado” e “deus” adquiren un novo significado para as persoas en canto se ven sometidas aos avatares do seu destino.

PREMIO GARCÍA BARROS 2023 O vinculeiro dunha podente familia de Capri, presbítero dunha relixión que se concibe a si mesma como a “Fe Verdadeira”, desaparece no cumprimento do seu labor misional nun territorio inhóspito habitado por pobos ignotos, que semellan pertencer máis ao mundo da lenda que...

About the author

(Tapia de Casariego, 1975) exerce como profesor de Ensino Secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro, do IES Fernando Blanco de Cee, e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía galega. Cultiva todos os xéneros literarios, especialmente o teatro. Como dramaturgo, formouse nos talleres do Centro Latinoamericano de Creación e Investigación Teatral e recibiu recoñecementos como o Premio Rafael Dieste, o Premio Álvaro Cunqueiro e o Premio Roberto Vidal Bolaño, entre outros. Algunhas das súas pezas son: A derradeira bala, Papiroflexia, Pallaso, Sincronizadas e Ofelia ou o cabeiro da cóbrega. Como novelista, é autor de Miss Antropía, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia.

(Tapia de Casariego, 1975) exerce como profesor de Ensino Secundario. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro, do IES Fernando Blanco de Cee, e membro do grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a x...

Rate this ebook

Tell us what you think.

Reading information

Smartphones and tablets
Install the Google Play Books app for Android and iPad/iPhone. It syncs automatically with your account and allows you to read online or offline wherever you are.
Laptops and computers
You can listen to audiobooks purchased on Google Play using your computer's web browser.
eReaders and other devices
To read on e-ink devices like Kobo eReaders, you'll need to download a file and transfer it to your device. Follow the detailed Help Center instructions to transfer the files to supported eReaders.