Luns

· Sold by Edicións Xerais
Ebook
152
Pages
Eligible

About this ebook

Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi pouco tempo e á vez suficiente para se decatar de que a súa realidade non lle permite encontrar un modo de se enfrontar á situación. Coa certeza da morte pairando en cada recuncho toma consciencia dunha realidade que non sempre é o que parece. Unha realidade oculta a plena luz do día. "Luns", gañadora do Premio Torrente Ballester de novela en 2016, está escrita cunha técnica arriscada, valente e innovadora, que prescinde de adobíos e consegue conmover, logrando facer partícipe a quen a le das circunstancias que acontecen no día a día de Nerea.
Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por ...

Discover more

About the author

Eli Ríos naceu en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresou ás terras de Ordes onde se criou. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidiu instalarse ao pé do castro de Elviña. Publicou os seguintes libros: "nós escoitando o badalo de marienplatz" (2010), XII Premio de Poesía Concello de Carral; "rúa da cancela" (2009), IV Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas; "María" (2013), I Premio de Poesía Figurante; "Anamnese" (2014), II Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey; "Diario de fotogramas" (2014), Segundo premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes, Concello de Ribeira; "Remexido de patacas" (2014), XL Certame de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo; "Doe tanto a túa ausencia" (2015), XVIII Certame Francisco Añón de Poesía, Concello de Outes; "Bicha" (2015), XIIo Premio Pura e Dora Vázquez de Narración, Deputación de Ourense; "Marta e a píntega" (2016), conto infantil; "Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno" (2016); "Luns" (Xerais, 2017), novela, I Premio Torrente Ballester para obras en galego da Deputación da Coruña, 2016; "Café intenso" (2017), I Premio de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón, "Culpable" (Xerais, 2017), IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente e "O ceo das reixas" (Xerais, 2019). Colabora na revista dixital de crítica literaria feminista "A Sega".
Eli Ríos naceu en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresou ás terras de Ordes onde se criou. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidiu instalarse ao pé do castro de Elviña. Publicou os seguintes libros: "nós escoitando o badalo de marienplatz" (2010), XII Premio...

Rate this ebook

Tell us what you think.

Reading information

Smartphones and tablets
Install the Google Play Books app for Android and iPad/iPhone. It syncs automatically with your account and allows you to read online or offline wherever you are.
Laptops and computers
You can listen to audiobooks purchased on Google Play using your computer's web browser.
eReaders and other devices
To read on e-ink devices like Kobo eReaders, you'll need to download a file and transfer it to your device. Follow the detailed Help Center instructions to transfer the files to supported eReaders.