Conta nove estrelas

· 판매자: Edicións Xerais
eBook
168
페이지
적용 가능

eBook 정보

Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos. Tan só Quepi, unha estraña nena que vive co seu irmán e o seu avó no planeta Dot, ousa desobedecer o mandato protexendo un bobó tan especial coma ela. Esta arriscada decisión vaina levar a emprender unha incrible aventura xunto co seu irmán Udai, durante a cal desafiarán os límites do universo coñecido. Porque, como diría o avó Acasi, un sol nunca será idéntico a outro sol, pero a súa luz é igual de necesaria. Porque todos provimos dun mesmo, único e primeiro latexo.
Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos. Tan só Quepi, unha estraña nena que vive co seu irmán e o seu avó no planet...

저자 정보

Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, en Filoloxía Hispánica e tamén doutora pola UDC. Publicou a súa primeira novela, ''Proxecto Bolboreta'' (Premio Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva doce obras publicadas, todas elas destinadas ao público infantil e xuvenil, e moitas delas recoñecidas con premios a nivel autonómico e nacional. En 2010 publica ''Violeta tamurana'', Premio Meiga Moira, galardón que volve acadar con ''Miña querida Sherezade'' no ano 2014. En 2013 sae á luz a súa novela ''Nubes de evolución'', finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia e Premio Fervenzas Literarias. Con ''Volverás, golfiño'' queda finalista do Premio Merlín. En 2015 gañou o Premio Jules Verne por ''Europa Express'' e en 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa por ''O que sei do silencio''. Con ''Conta nove estrelas'', obra incluída na lista de honra da OEPLI en 2019, gañou o Premio Lazarillo 2018, así como o Premio Frei Martín Sarmiento. En 2020 gaña o Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación e obtén o Premio Merlín por ''A folla azul''. No ano 2021 faise co Premio Raíña Lupa por ''Que me pare o corazón se te esquezo'' e, ao ano seguinte, gaña o XIX Premio Anaya coa novela ''Alma de elefante''. En 2023 gaña o XLI Concurso de Narrativa Infantil Vila d'Ibi coa novela «O enigma de Sempreviva» (Xerais, 2025). Paula Mayor (A Coruña, 1975). Desde que de pequena descubriu o mundo da ilustración non o abandonou. Deste xeito, a súa profesión dirixiuse inexorablemente cara ao deseño gráfico como maquetadora, infógrafa, deseñadora téxtil e editorial, animación e publicidade etc. Comezou así unha traxectoria que lle permitiu compaxinar o seu labor coa paixón polo debuxo. Ten traballado en moitos e diferentes ámbitos da ilustración, como libros infantís e xuvenís, portadas, carteis para organismos oficiais... e o seu traballo foi premiado en varias ocasións (tanto en ilustración como en deseño gráfico e cómic). Así mesmo, participou en diversas exposicións colectivas. Pódese ver unha mostra do seu traballo en www.paulamayor.es. Instagram: @paulamayorart
Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, en Filoloxía Hispánica e tamén doutora pola UDC. Publicou a súa primeira novela, ''Proxecto Bolboreta'' (Premio Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva doce obras publicadas, todas elas destinadas ao p...

이 eBook 평가

의견을 알려주세요.

읽기 정보

스마트폰 및 태블릿
Android 및 iPad/iPhone용 Google Play 북 앱을 설치하세요. 계정과 자동으로 동기화되어 어디서나 온라인 또는 오프라인으로 책을 읽을 수 있습니다.
노트북 및 컴퓨터
컴퓨터의 웹브라우저를 사용하여 Google Play에서 구매한 오디오북을 들을 수 있습니다.
eReader 및 기타 기기
Kobo eReader 등의 eBook 리더기에서 읽으려면 파일을 다운로드하여 기기로 전송해야 합니다. 지원되는 eBook 리더기로 파일을 전송하려면 고객센터에서 자세한 안내를 따르세요.