Illa Soidade

· Sold by Edicións Xerais
Ebook
144
Pages
Eligible

About this ebook

Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. Afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia, a novela retrata o mundo da indixencia, da mendicidade, dos sen teito, dos esmoleiros, dos vagabundos. Cada unha destas persoas é unha illa deshabitada que vai conformando arquipélagos de soidade. Lucía procura nesta escuridade un pouco de luz para todas elas.
Lucía, a piques de iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando nunha viaxe en tren a súa relación con Soa, unha esmoleira a quen coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Illa Soidade é unha novela iniciática que nos descobre unh...

Discover more

About the author

An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra descalza (Xerais, 2006), Premio Lazarillo 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008; Illa Soidade (Xerais, 2007), Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2007; Areaquente (2009) Premio Lueiro Rey 2009 e Premio San Clemente 2010; Vía secundaria (Xerais, 2011), Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2010; Muros de aire (Xerais, 2015); A cea das enaguas (2016), Premio Frei Martín Sarmiento e O home de negro (2018), Premio Xosé Neira Vilas de Novela Xuvenil 2017. Dentro da súa produción dirixida ao público infantil, Xerais publicou a obra teatral O maquinista Antón (1995, 2009) e os libros narrativos O caderno azul (1996), ¡Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997), A buguina namorada (2003), A encontadora (2003), O aroma do liquidámbar (2012) e O fío vermello (2014). Tamén recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento nos anos 2008, 2011 e 2013 polas súas obras Zoa o Azor, A ánfora exipcia e O recendo das clementinas. O Grupo (Xerais, 2019) foi merecedora do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.
An Alfaya (Vigo, 1964) ten unha obra literaria extensa dirixida tanto aos lectores e lectoras infanto-xuvenís como ás persoas adultas. Publicou as novelas A recortada (Xerais, 1999); Desventura (2003); Matei un home (2005), áccesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003; A sombra de...

Rate this ebook

Tell us what you think.

Reading information

Smartphones and tablets
Install the Google Play Books app for Android and iPad/iPhone. It syncs automatically with your account and allows you to read online or offline wherever you are.
Laptops and computers
You can listen to audiobooks purchased on Google Play using your computer's web browser.
eReaders and other devices
To read on e-ink devices like Kobo eReaders, you'll need to download a file and transfer it to your device. Follow the detailed Help Center instructions to transfer the files to supported eReaders.