Amor de Artur

· Säljs av Edicións Xerais
E-bok
128
Sidor
Kvalificerad

Om den här e-boken

Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico. o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés. A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín. . ., supón o anovamento do pulo creativo, da tensión imaxinaria. A materia de Bretaña proporciónanos un camiño de recuperación da vella enerxía narrativa polo regreso ás fontes. Mailos heroes cos seus grandes ideais tráennos o alento quente da enerxía aventureira. ¿Quen non está xa canso de insignificantes anti-heroes, de homes sen atributos erixidos en insoportables protagonistas? Benvidos outra vez o noble Arturo, o grande Merlín, o forte Lanzarote, a bela Xenebra. O noso tempo revísteos de dúbidas máis fortes, tingue de inevitable escepticismo as súas reflexións, quizais advirte inconfesables desexos nas súas relacións, pero, ó cabo, seguen a ser auténticos heroes. Abrámoslle, pois, por sempre, as terras de Galicia.
Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico. o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do am...

Upptäck mer

Om författaren

X. L. MÉNDEZ FERRÍN (Ourense, 1938) é unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía, recibiu premios como o Celanova Casa dos Poetas, o Premio Trasalba, o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano, o Premio da Crítica Española, o Premio Losada Diéguez ou o Premio Nacional da Cultura Galega. É autor dunha obra compacta, unitaria, que abala entre a realidade e a fantasía, e creou espazos literarios de referencia para o ámbito da cultura. A súa obra narrativa iniciouse hai cincuenta anos con Percival e outras historias (1958), e desde aquela publicou títulos tan emblemáticos como O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Bretaña, Esmeraldina (1987, 2007), Arraianos (1991), ou No ventre do silencio (1999). Como poeta, logo de Voce na néboa (1957), Antoloxía Popular (1972) e Sirventés pola destrucción de Occitania (1975), o poemario Con pólvora e magnolias (1977) provocou un revulsivo na poesía daquela altura e mudou o seu rumbo. Logo viñeron títulos como Poesía enteira de Heriberto Bens (1980), O fin dun canto (1982), Erótica (1992), Estirpe (1994), O outro (2002), Era na selva de Esm (2004) e Contra Maquieiro (2005). Para o público xuvenil publicou Arnoia, Arnoia (1986), incluída na Lista de Honra do IBBY en 1988.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN (Ourense, 1938) é unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía, recibiu premios como o Celanova Casa dos Poetas, o Premio Trasal...

Betygsätt e-boken

Berätta vad du tycker.

Läsinformation

Smartphones och surfplattor
Installera appen Google Play Böcker för Android och iPad/iPhone. Appen synkroniseras automatiskt med ditt konto så att du kan läsa online eller offline var du än befinner dig.
Laptops och stationära datorer
Du kan lyssna på ljudböcker som du har köpt på Google Play via webbläsaren på datorn.
Läsplattor och andra enheter
Om du vill läsa boken på enheter med e-bläck, till exempel Kobo-läsplattor, måste du ladda ned en fil och överföra den till enheten. Följ anvisningarna i hjälpcentret om du vill överföra filerna till en kompatibel läsplatta.